Ano tras ano, día tras día, os avances na lingüística computacional déixanme abraiado. Bancos de datos terminolóxicos, procesadores de texto, correctores ortográficos, tradutores automáticos, programas de recoñecemento e de síntese de voz... e agora a guinda: os «robots bertsolaris».
Os bertsolaris son os equivalentes dos nosos regueifeiros. A esencia común da súa arte é a disputa dialéctica a base de coplas creadas coas ferramentas do enxeño, da retranca, do dominio da palabra e da capacidade de improvisación.
A información que circula pola prensa conta que os robots que competiron ese día, Galtzagorri e Tartalo, son froito das investigacións de tres grupos de traballo da UPV (Universidade do País Vasco). Case nada: instalar memorias de bertsos clásicos, buscadores semánticos, programas de creación de versos e de rimas, sintetizadores de voz... e xa temos uns verdadeiros bertsolaris robóticos.
Os bertsolaris son os equivalentes dos nosos regueifeiros. A esencia común da súa arte é a disputa dialéctica a base de coplas creadas coas ferramentas do enxeño, da retranca, do dominio da palabra e da capacidade de improvisación.
Velaquí a noticia, do 18-04-2012.
O xogo constaba de varias probas: dadas unhas palabras, improvisar un verso; cantar un verso surrealista aleatorio ao que se debía responder; compoñer versos cun número concreto de sílabas e cunha rima determinada... Finalmente, os bertsolaris humanos resultaron vencedores, mais... por canto tempo?! Quen non lembra a derrota do campión xadrecista Garri Kasparov «a mans» do computador Deep Blue?!
Desde aquí, unha animosa suxestión para os avantaxados investigadores do Seminario de Lingüística Informatica da Universidade de Vigo: Non sería fantástico seguir o exemplo dos colegas vascos e crear robots que emulen as nosas regueifas populares ou as nosas tenzóns medievais?
Solucións aos xeróglifos (21-5-2012): Desconfío de Iria (Des con fío dei ría) / Nos ollos (Nó sol los –sol ao revés–) / Ana co seu pai (Anacos e u pa i) / Antes irei a Lugo (Ante si rei alugo)
Ningún comentario:
Publicar un comentario