29 de xuño de 2012

A lingua que loce orgullosa no peito

Hai dez anos, aló polo 2002, un grupo de mozos que gustaba de estampar os seus deseños en camisetas creou a empresa Rei Zentolo: as súas primeiras creacións axiña comezaron a ter grande acollida entre o público: unha Rosalía warholiana, uns enxebres Little Green Hot Peppers from Padrón e outras moitas pezas que combinaban forza gráfica, reivindicación da nosa identidade e moito sentido do humor. Hoxe a empresa multiplicou o seu cadro de persoal e exporta camisetas, complementos e todo tipo de agasallos aos Estados Unidos, Noruega, Dubai, o Xapón... Un ilustrativo exemplo de que, sen renunciarmos a ser nós, é posible chegar a todas partes.

Desde entón, outros novos creadores seguiron este exemplo e foron poñendo en marcha proxectos comerciais semellantes: Caramuxo, Lobisome, O-visio, Oplup... E todos eles co mesmo espírito, rompedor nos deseños e retranqueiro nos lemas. 

E o que máis nos interesa aquí en Xogosdelingua, sempre cun gusto común por enredar coa lingua tirándolle todo o seu proveito humorístico. De novo, como xa vimos outras veces, acoden aos recursos da paronimia, da homonimia, da homofonía, do calembur, das frases feitas... Sodes quen de atopalos nas seguintes pezas destes deseñadores?

                       

                            

                       

                    

Solucións aos xeróglifos (25-6-2012): O sogro só (Óso groso) / O noso partido (O nós o partido) / Granate (Gran a te) / Segundo el, é negro (Segundo ele negro).

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...