Desde a antigüidade, especialmente en época de guerras ou conspiracións,
xurdiu a necesidade de buscar medios seguros e eficaces de transmitir
mensaxes de xeito que non puidesen ser interpretadas por
inimigos ou estraños. A criptografía, que provén dos termos gregos
krypto (‘agochado, oculto’) e graphé (escrita), designa a arte de
escribir estas mensaxes ocultas con claves secretas.
Segundo os historiadores, o emperador Xulio César (101 - 44 a. C.) é o creador dun dos primeiros métodos documentados de encriptación. Cóntase que
para se comunicar cos seus xenerais empregaba un sistema moi simple de
substitución en que cada letra era trocada pola terceira seguinte no
alfabeto.
Así escribiría César o seu promio nome con este sinxelo método de encriptación: CAESAR – FDHVDU. Poderiades descifrar a seguinte mensaxe escrita co código de César tomando como base o alfabeto galego? HPFDPXDPOH RV BRLRV GH ÑNPLZD. Por que non xogades a crear e interpretar outras mensaxes cifradas con este método? Nesta web podedes atopar un codificador automático desta clave de César (partindo do abecedario inglés).
Con todo, este método criptográfico non resulta demasiado difícil de descifrar. Hai dúas formas. Unha, digamos, é a «forza bruta»: irmos probando un por un todos os desprazamentos posibles (23 no alfabeto galego) ata dar co texto con sentido. Outra é a denominada «análise de frecuencias»: hoxe é coñecida a frecuencia con que se utiliza cada letra, como vemos neste estudo do IES Elviña e do CEIP Salgado Torres (A Coruña); así, de facermos unha análise estatística das letras máis e menos usadas nun texto amplo abondo, é posible reconstruír o texto orixinal.

Ningún comentario:
Publicar un comentario