Pilar Ponte e a xente do IES da Pobra do Caramiñal botaron a andar aló polo 2013 unha experiencia normalizadora moi atraente: «21 DÍAS CO GALEGO». Unha iniciativa deseñada para reflexionar sobre a propia relación coa lingua e, sobre todo, para falar, falar, falar... Con todo merecemento recibiu no 2015 o premio de innovación outorgado pola Consellería de Educación.
Este ano, no Fogar de Santa Margarida, animámonos a seguir o seu ronsel e un grupo de alumnos e alumnas de 3ESO afrontaron o reto do noso particular «21 DÍAS EN GALEGO». Nun ámbito tan fortemente castelanizado como o da Coruña, estes rapaces viviron as tres semanas procurando desenvolverse en galego e gravando diariamente a súas reflexións e os retos lúdicos que se lle ían propoñendo.
Un destes xogos foi o «Pasagalego», outra invención xenial dos da Pobra baseada no popular concurso de televisión. Eles ofrecéronnos a nós este primeiro en vídeo.
E ao cabo dunhas semanas, desde o Fogar devolvémoslles o agasallo.
Das moitas horas de gravación acumuladas, seleccionamos menos de 30 minutos que veñen resumir unha experiencia fantástica que esperamos repetir nos vindeiros cursos.
Das moitas horas de gravación acumuladas, seleccionamos menos de 30 minutos que veñen resumir unha experiencia fantástica que esperamos repetir nos vindeiros cursos.
Se cadra, axiña veremos o reto de «21 DÍAS EN GALEGO» espallado por máis centros do país. Por que non? Paga realmente a pena!
6 comentarios:
Excepcional. Mil parabéns!
Graciñas, Cibrán.
Realmente creo que o esforzo pagou a pena.
É unha experiencia que recomendo para calquera centro.
Estupenda iniciativa! Moitos parabéns!!!
Moitas grazas, Mercedes.
Xa ves, aquí, seguindo o exemplo da nosa Pilar e dos seus rapaces.
Cantos máis mellor!
Un bico
Fantástica iniciativa, e que mérito o dos rapazes e raparigas.
Realmente o desta rapazada ten moito mérito!
Moitas grazas!
Publicar un comentario