27 de set. de 2017

O Scrabble de Emmanuel Laflamme


O deseñador afincado en Montreal Emmanuel Laflamme goza, como vemos arriba, sacando de contexto referencias culturais para provocar a reflexión e mesmo o riso do espectador. Paga realmente a pena pasear pola súa web

Tamén é un máis deses creadores de mente retorta coa teima de enredar con letras. Sábese nada máis ver a súa versión do famoso Scrabble




Como vedes nas imaxes, déuselle por tallar en madeira todo o xogo e por usar as letras de 100 logotipos de diferentes marcas comerciais. Así podemos atopar deseños tan característicos como o «F» de Facebook, o «I» de IBM, o «L» de Lego, o «T» de Toyota...

Sodes quen de identificar máis marcas?

2 comentarios:

Churrusqueira dixo...

Moitas: Adobe, Amazon, Dove, Disney, Esso, Ford, Explorer, Nescafé, Rolex, Suzuki, Texaco, Twitter, Unilevel... E a mágoa é que ás veces fago un xogo na clase que consiste en identificar na pantalla o logotipo dunha marca e a folla dunha árbore que aparecen simultaneamente e o nome da árbore poucas veces o saben. O da marca, sempre.

Carlos L. Medrano dixo...

Graciñas, Churrus! Sempre a alumna (e a profe) máis aplicada ;-)

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...