Aventuraríame a definir «cantaruxar» como ‘cantar sen articular palabras, simplemente emitindo algunhas sílabas sen significado que achegan musicalidade e ritmo’.
A literatura popular galega está inzada de fermosos e sonoros cataruxeos, case onomatopeicos: «touporroutou», «tantarantán», «trispiristrás»...
Non hai moito un amigo envioume este vídeo no que se expón a novidosa teoría do «cantaruxeo conceptual», do célebre compositor Johan Sebastian Mastropiero (léase Les Luthiers). Na súa sabedoría musical, Mastropiero sontén que o «tarareo» ou «cantaruxeo», é dicir, o canto de sílabas sen significado, é un desperdicio poético. Segundo el, o compositor debe usar as propias palabras do texto para crear o cantaruxeo, aunando así valor semántico e musicalidade. Por exemplo, na súa composición «La excursión de los amigos» temos o fragmento que di: «ya pararon para comprar queso, y ahora, pararán para pan, pararán para pan».
Coma sempre, xeniais. Unha forma humorística e musical de presentar o xogo de palabras que coñecemos simplemente como... trabalinguas. Longa vida aos Les Luthiers!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario