Sen dúbida, o máis prolífico autor de xeróglifos e o seu o maior divulgador foi Pedro Ocón de Oro. En 1948, con só 16 anos, gañou un concurso de encrucillados convocado polo diario Madrid e ese mesmo ano comezou a crear os seus propios pasatempos. Do seu enxeño xurdiron diferentes tipos de xogos: xeróglifos, transfusións de letras, encrucillados brancos, sopas de letras... Co tempo, acabaría por fundar unha empresa dedicada á creación de pasatempos para a prensa e para editoriais. Faleceu en 1999 e hoxe as súas fillas, Chelo e Paloma, continúan o seu labor.
Mais retomemos a nosa «gramática xeroglífica». Xa vimos nunha entrada anterior que os xeróglifos máis sinxelos son os formados por un único elemento ou por varios que simplemente se xustapoñen. Agora cómpre falarmos do valor «polisémico» destes elementos, é dicir, as letras, números, palabras ou debuxos que se presentan adoitan ter varias interpretacións posibles e só unha delas é a correcta. Poñamos uns exemplos:
ene / consoante / letra dez / un o / X / número can / animal
Tendo en conta isto, aquí van outros catro xeróglifos. Para resolvelos, é preciso descubrir o diferente valor dese elemento común a todos eles (o debuxo da vaca). Animo!
Por que sabes que intentei que Xurxo non se desgustase? |
Que alumnos van ser expulsados? |
Como perdeu Xoán a súa fortuna? |
Cantos anos fai mañá Eva? |
Solucións aos xeróglifos (30-3-2012): Doces e té (Doce sete) / Semella barato (Semellaba rato) / De Nigrán a Lugo (Denigran alugo) / As de ouro só (Ás de ouros o)
Ningún comentario:
Publicar un comentario