24 de maio de 2012

O poder das palabras e das imaxes

Anthony Nold é un mozo estadounidense cun gran talento para a ilustración. Nesta web podes atopar brillantes mostras do seu traballo e, de todas elas, a que máis me fascina é a que vemos deseguido. Unha semente que xermola e medra ata se converter nun orixinal xogo de agudeza visual. O propio Nold presenta o reto ao comezo da animación: «Intenta descubir todas as palabras ocultas no debuxo». Ánimo e a exercitar a agudeza visual.



Que? Como foi a pescuda? Epic, awesome, notorious, freedom, stupid, hate... e moitas outras. E para rematar, unha lúcida cita do autor sobre o poder das palabras: Words aren´t just a bunch of letters. They are quite powerfull. Be sure to choose the ones you use carefully («As palabras non son só unha morea de letras. Elas son moi poderosas. Asegúrate de escoller as que usas con coidado»).

O vídeo anterior está elaborado, como outros de Anthony Nold, mediante stop motion, unha vella técnica de animación que logra crear ilusión de movemento mediante fotografías sucesivas de obxectos estáticos lixeiramente modificados.

Moitas escenas animadas que circulan pola rede están realizadas deste xeito, tan laborioso como efectivo. Velaquí outra mostra das posibilidades desta técnica cun fermoso vídeo do obradoiro de stop motion da aula de Plástica do IES As Barxas (Moaña) e tamén un titorial sobre como foi o proceso de creación.

2 comentarios:

olga dixo...

Grazas pola documentación! Nos últimos tempos andivemos a pelexarnos coa técnica. A ver se a depuramos!

Carlos L. Medrano dixo...

Veña, ánimo! Seguro que argallaredes algo ben bonito.
Vendo as cousas creativas que andan por aí, dan ganas de poñerse xa!
Unha aperta, Olga.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...