E velaquí un capítulo máis da nosa «Gramática xeroglífica». Á hora de descifrar os xeróglifos, outro factor que convén considerar é a posición dos elementos que os forman. Noutras palabras, é pertinente a relación espacial entre eses signos: un elemento pode estar sobre outro, ou baixo outro, ou con outros, ou entre outros... Estas posicións poden ser descritas por distintos procedementos gramaticais:
Adverbios de lugar: arriba, abaixo, fóra...
Preposicións: ante, baixo, con, en, entre, sobre, tras, enriba de...
Por outra banda, eses elementos (letras, números, figuras...) poden aparecer en posición invertida, é dicir, poden aparecer boca a abaixo. Isto supón que na solución do xeróglifo se inclúe tamén ao revés a palabra con que designamos ese elemento (un - nu, río - oír...). Esta inversión de palabras recórdanos á técnica do palíndromo vista nunha entrada anterior.
Poñamos en práctica todo isto. Alguén se anima a resolver os seguintes xeróglifos?
Que tal funciona o teu reloxo? |
Cando ten que entregar Xoán os informes? |
Quen cres que desvelou eses segredo de Paulo? |
Onde naceu Paula? |
Solucións aos xeróglifos (19-4-2012): Vinte animalo (Vinte animal o) / Nove repetidores (Nove repetido res) / Xogando (X o gando) / Eva catorce (E vaca torce)
2 comentarios:
Nadaaaaaaaa!
Supoño que prometes as solucións (para ir aprendendo)
Proporeillos aos rapaces que son moito máis listos ca min :-)
Ola, Olguiña:
Grazas pola mensaxe.
Non te preocupes, cada capítulo de «Xeróglifos» ten as súas solucións unhas entradas despois (ao final, en vermello). Podes comprobalo no arquivo do blog.
Noutras entradas tamén hai algunha proposa de actividade.
Bicos
Publicar un comentario